Sección “Os heroes da pandemia”
Nesta sección, imos falar daqueles heroes que nos axudan a superar esta pandemia e que
nos fan a vida un pouquiño máis sinxela estes días. Para iso, cada día darémoslle as
gracias a un sector diferente, polo que estaría moi ben que fixerades un debuxo para
agradecerlles o seu traballo. Podedes usar recortes, cartulinas… para que quede máis
orixinal. Votádelle imaxinación!
Polo que, propoñémosvos, primeiramente, que fagades unha pequeña carpetiña utilizando
dúas cartulinas ou folios, as furedes (con axuda) e as unades cun fío ou unha pequena
corda, e lle poñades por título “O noso esforzo”, acompañada do voso nome e a
decoración que máis vos guste.
Dentro dela imos gardar todos eses debuxiños de recordo, ainda que tamén podedes pegar
algún nas vosas ventás para decorar as vosas casas.
Na sección de hoxe, imos mencionar aos e as médicos, enfermeiros e enfermeiras e
demáis persoal sanitario que están traballando nesta pandemia. Sabedes o gran traballo
que están realizando? Todos e todas eles, traballan a diario e sen descanso para coidar das
personas que máis o necesitan.
Facede un pequeno debuxo para agradecerlles o seu traballo e esforzo, e, se vos apetece,
enviádenos unha fotiño ao correo.