Bos días, nenas e nenos!
Na proba de hoxe, queremos propoñervos una receita de tortiñas
americanas, para que merendedes en familia. Para a súa elaboración,
necesitades da axuda das vosas familias.
Os ingredintes que ides a necesitar son os seguintes:
-Fariña
-Levadura
-Aceite de oliva
-Un ovo
-Leite
-Azúcar
-Acompañamento para as tortiñas: Crema de cacao,
marmelada, sirope, froita… o que máis vos guste
Deixamosvos por aquí un vídeo coas cantidades exactas para que poidades seguilo :)
https://www.youtube.com/watch?v=Bp83yY9P7y8
Animádevos e enviádenos fotos ou vídeos da elaboración. Están boísimas!
PROBA CORPO EN FORMA
Na proba de mente en forma de hoxe queremos que BAILEDES!
Aquí abaixo, deixamosvos o enlace a unha canción chamada
“Quédate en casa”, feita para animar á xente a que quede nas súas casas
para axudar a vencer o virus.
Polo que, pedímosvos que nos enviedes un vídeo cortiño bailando
a canción, podedes inventar vos mesmos os pasos e coreografía da canción
ou guiarvos polo baile que aparece no video :)
Animádevos nenos e nenas!
https://www.youtube.com/watch?v=AYvRwsLU2uI
Unha aperta moi forte a todos e todas :)
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!
Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.
Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com
Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Ningún comentario:
Publicar un comentario