RETO 5
PROBA MENTE EN FORMABOS DÍAS, nenos e nenas! Qué tal estades?
Na proba de mente en forma, queremos poñervos un reto faciliño. Imos pensar….. na letra
M, por exemplo. Cántos nomes de persoas se vos ocorren con esa letra?
Grabade un video contándonolo, e, se queredes, podedelos escribir nun papel e mandarnos
unha fotiño.
Recordade que en todas as probas podedes recibir axuda das vosas familias.
Moito ánimo!
PROBA CORPO EN FORMA
Hoxe, na proba de corpo en forma, loitaredes contra o cronómetro.
Teredes que coller unha cadeira e sentarvos e levantarvos dela todas as veces que sexan posibles durante 30 segundos! Védesvos capaces?
Veña, moito ánimo e enviádenos os vosos videos ao correo electrónico para que poidamos
ver como facedes o exercicio!
LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!
Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a do teu cole aínda que non
sexa desta actividade. Neste caso terás puntuación extra para o teu cole.
1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.
LEMBRA QUE SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TU RETO NO BLOGUE. DEBES CUBRIR A SEGUINTE
AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN OU AUTORIZARNOS NO MESMO MAIL DE
RESPOSTAS: https://forms.gle/ QvrYpN37KAJPiRDz9