venres, 17 de abril de 2020

Reto 12

Proba Mente en Forma

Nesta proba ímos facer un verme de cartón!!!
Sabiades que????.....
Os Vermes son animais de corpo brando e de forma alongada, sen cabeza diferenciada pero cunha rexión  cefálica con masa nerviosa e órganos dos sentidos, que non posúen esqueleto nin patas, que poden vivir en terra e na auga e que ao ter unha gran variedade clasifícanse en diferentes grupos:  Anélidos,  Nemátodos e  Platelmintos. Coñécense un vinte e cinco mil especies diferentes pero calcúlase que poden existir un cincocentas mil. Máis da metade deles  son parasitos.

Instrucións da manualidade:
Recorta unha fila do cartón de ovos para obter o corpo do verme, despois píntao e decórao como máis che guste. Feixe que o teu verme sexa o máis orixinal. E o máis Importante!!! Non te esquezas de poñerlle nome.
Darasnos sorprendido????

Proba Corpo en Forma

Nesta parte física ímos facer tres posturas de Ioga!!!
Serás capaz de facelas todas??? E os teus pais podrán?
Queremos veros xuntos!!! A quen lle sairá mellor?? 
Moita Sorte ¡!!!!!




------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos

no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario