mércores, 8 de abril de 2020

Reto 8

PROBA MENTE EN FORMA

Bo día, nenos e nenas!
No reto de hoxe gustaríanos que fixerades unha MANUALIDADE que podedes utilizar para
xogar.

Os materiais que necesitades serán os seguintes:
- Unha botella de plástico
- Un fio ou corda
- Unha pequena boliña ou unha cápsula donde veñen gardadas as sorpresas dos ovos
kinder
- Material para decorar ao voso gusto: cartolinas, folios, rotuladores, pincéis, pegamento…
Teredes que recortar a botella (con axuda dun maior) tal e como se indica na imaxe. Unha
vez recortada, faremos un pequeno burato no tapón da botella e engancharemos un fio ou
corda, que uniremos tamén á pequena cápsula ou boliña.
E LISTO! Fixádevos na imaxe para que vos sexa máis doado e non olvidedes que debedes
de facelo coa axuda dos maiores.

Unha vez feito, cantas veces conseguides encestar á boliña na boca do tiburón???

Enviádenos fotiños!



PROBA CORPO EN FORMA

No reto de corpo en forma imos facer IOGA, un exercicio moi bo para aumentar a
flexibilidade, a coordinación e o equilibrio entre outras cousas.

Para practicalo, imos recrear posturas que semexan aos animais do mar. Aquí vos
deixamos un pequeno video para que poidades seguir, é moi divertido!

Animádevos e enviadenos fotos ou videos, recordade :)
Biquiños!

https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&t=1s


.LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a do teu cole aínda que non
sexa desta actividade. Neste caso terás puntuación extra para o teu cole.
1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mandarnos as repostas non dudes en contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

LEMBRA QUE SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TU RETO NO BLOGUE.
DEBES CUBRIR A SEGUINTE AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN OU
AUTORIZARNOS NO MESMO MAIL DE RESPOSTAS: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario