venres, 3 de abril de 2020

Reto 6

PROBA MENTE EN FORMA
OLA, rapaces e rapazas!
Na proba de hoxe queremosvos propoñer que fagades unha pirámide.
Tedes algún xogo de cartas na casa? De non ser así, podedes usar recortes de cartulina.
Retámosvos a que montedes unha pirámide o máis alta posible e nos enviedes unha fotiño ou vídeo dela.
Recordade que podedes recibir axuda das vosas familias :)
ÁNIMO!


PROBA CORPO EN FORMA
Nesta proba queremos traballar un pouco de acrosport e, con isto, o equillibro.
Para iso, gustaríanos vervos facendo figuriñas co voso corpo.
Aquí vos deixamos unha imaxe para darvos algunhas ideas, pero podedes botarlle imaxinación.
Recordade que se queredes podedes participar e facer figuriñas entre varias persoas; coas vosas familias ou cos vosos irmáns.
Retámosvos a facer, como mínimo, 3 figuras!
Moito ánimo e recordade, enviádenos fotiños 😀📸 ou vídeos 😀📹.


LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a do teu cole aínda que non
sexa desta actividade. Neste caso terás puntuación extra para o teu cole.
1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.

Se tes algunhas dúbida do reto ou de mandarnos as repostas non dudes en contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

LEMBRA QUE SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TU RETO NO BLOGUE. DEBES CUBRIR A SEGUINTE AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN OU AUTORIZARNOS NO MESMO MAIL DE RESPOSTAS: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9