Os tres porquiños
No corazón do bosque vivían tres porquiños que eran irmáns. O lobo sempre andaba
perseguíndolles para comerllos. Para escapar do lobo, os porquiños decidiron
facerse unha casa.
O pequeno fíxoa de palla, para acabar antes e poder irse a xogar.O mediano construíu
unha casiña de madeira. Ao ver que o seu irmán pequeno había terminado xa, deuse présa
para irse a xogar con el.O maior traballaba na súa casa de ladrillo.
- Xa veredes o que fai o lobo coas vosas casas-
rifou aos seus irmáns mentres estes pasábanllo en grande.
O lobo saíu detrás do porquiño pequeno e el correu ata a súa casiña de palla,
pero o lobo soprou e soprou e a casiña de palla derrubou.
O lobo perseguiu tamén ao porquiño polo bosque, que correu a refuxiarse
en casa do seu irmán mediano.
Pero o lobo soprou e soprou e a casiña de madeira derrubou.
Os dous porquiños saíron pitando de alí.
Case sen alento, co lobo pegado aos seus talóns, chegaron á casa do irmán maior.
Os tres metéronse dentro e pecharon ben todas as portas e xanelas.
O lobo púxose a dar voltas á casa, buscando algún sitio polo que entrar.
Cunha escaleira larguísima rubiu ata o tellado, para coarse pola cheminea.
Pero o porquiño maior puxo ao lume unha pota con auga.
O lobo comilón descendeu polo interior da cheminea,
pero caeu sobre a auga fervendo e queimouse.
Escapou de alí dando uns terribles aullidos que se oíron en todo o bosque.
Cóntase que nunca xamais quixo comer porquiño.
Fin
Ningún comentario:
Publicar un comentario