Hoxe queremos que resolvades tres adiviñanzas.
Ler con calma e cando teñades as respostas nolas enviades.
¡A ver cantas acertades!
1. Como a pedra son duros,
para o can un manxar
e sin eles non poderás nin saltar nin camiñar.
2. Eu fun o teu primeiro son cando empezaches a falar,
e son a primeira letra que no alfabeto está.
3. Sen ser árbore teño follas,
sen ser besta un bo lomo,
e o meu nome está no meu lomo.
PROBA CORPO EN FORMA
Ben sabedes que nos últimos días fíxose moi popular o papel hixiénico... e moita xente usou a
súa creatividade para idear novas formas de usalo.
Asique, nesta proba tedes que coller un rolo de papel hixiénico e imos darvos dúas opcións:
1. Dar tres toques seguidos sen que se caia o rolo de papel ó chan vosotros sós.
2. Facer catro pases seguidos co rolo de papel hixiénico cun membro da vosa familia.
¡Escolle a opción que máis os guste; estamos seguras de que o faredes xenial!
¡Se non che deixan co rolo de papel hixiénico, fai unha bola con unha folla!
Nesta paxina terás o exemplo de outros nenos facendo a proba:
https://www.youtube.com/watch?v=CmswRwICczw
¡Bicos e apertas virtuais para tod@s!
LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!
Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a do teu cole aínda que non
sexa desta actividade. Neste caso terás puntuación extra para o teu cole.
1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.
Se tes algunha dúbida do reto ou de mandarnos as repostas non dudes en contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com
LEMBRA QUE SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TU RETO NO BLOGUE.
DEBES CUBRIR A SEGUINTE AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN OU