mércores, 15 de abril de 2020

Reto 11

PROBA MENTE EN FORMA
¡Hoxe imos cantar!
O que tedes que facer é escoller unha canción, a que máis vos guste, e co estribillo
desa canción cambiarlle a letra e cantar… ¡sobre o Coronavirus!
Podedes contar nese estribillo cómo venceríades ó virus, cómo estades vivindo a
situación de estar confinados nas vosas casas, sobre as ganas que tedes de saír á rúa…
¡o que queirades!
Se vos é máis sinxelo, podedes cantar a canción lendo mentres vos graban.
¡A ver que se vos ocurre! Temos moitas ganas de escoitar as vosas cancións.

PROBA CORPO EN FORMA
Nesta proba vos retamos a facer 3 figuras de patinaxe artístico moi coñecidas e moi
sinxelas.
¡Non fai falla que vos poñades patíns! Simplemente posades para unha foto facendo as
figuras que vos propoñemos: o ENANITO, a GARZA e, a máis difícil…., o ANXEL.
Aquí vos deixamos uns exemplos das figuras:
Enanito

 Garza

 Anxel

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario