xoves, 28 de maio de 2020

Diplomas Xaque ao virus

ENTREGA DE DIPLOMAS E MEDALLAS

Bos días familias!

Como xa sabedes esta é a última semana do xogo "Xaque ao Virus". Cerramos unha etapa na que disfrutamos de moitos bos momentos a través dos retos, xogos, videochamadas... E cremos que a mellor maneira de cerrala é cun agasallo para aqueles nenos e nenas que participaron no blogue.

Aquelas persoas que realizaron algún reto, que acudiron as videochamadas ou as clases on-line terán un agasallo esperandoos que consistirá nunha medalla e nun diploma personalizado.

Para recollelos habilitáronse os seguintes días e horas.

LUGAR: Fórum Metropolitano

DÍAS: 1, 2 e 3 de Xuño

HORAS: de 16:00 a 18:00

Como o Fórum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberán identificarse.

IMPORTANTE: é obligatorio o uso da mascarilla.

Sección 28 "Xogo Figuras Xeométricas"

Bos días!!!!
Hoxe imos explotar globos con formas xeométricas!!!O xogo vai dicindo a forma xeométrica que tes que explotar!!!
Faino rápido xa que vai por tempo!!! En cada partida vai dicir un total de 4 formas xeométricas!!! 
Cuantas formas xeométricas darás explotado en total????
Escribe o teu resultado en comentarios!!
Arriba á dereita sáeche o total de formas xeométricas que  explotastes!!!
Podes repetir a partida para superarche a ti mesmo!!!
Sorte!!

mércores, 27 de maio de 2020

Reto 29

BO DÍA, RAPACES E RAPAZAS!
No día de hoxe, traemos un novo reto express, que consiste en IMAXINAR.
Ímosvos a escribir unha lista de cousas que teredes que imitar, poñede todo o voso
empeño e imaxinación en facelo!
★ Son un aguia voando moi rápido polo bosque
★ Son un verme buscando comida no campo
★ Son un canguro e dou 10 saltos sen parar
★ Son un guepardo, son moi veloz e corro
moitísimo!
★ Son un balón botando
★ Son unha xogadora de tenis xogando un partido
★ Son un elefante que camiña moi lentamente
★ Estou na praia de Riazor e a area queimame os
pés!
★ Son unha peonza, e dou moitas voltas!
Animádevos, estamos seguras que vos sairá xenial. Esperamos con ansias as vosas
respostas!!!!
Unha forte aperta :)

Campamentos de verán!!!

Ola amigos/ as!


Imaxe da campaña
Pechamos unha etapa diferente pero especial, levamos xa todo un curso escolar convosco, tanto no colexio como na casa, pasamos grandes momentos xuntos, os cales queremos seguir compartindo con todos vós. Por iso deixámosvos dúas ligazóns de dous programas
( campamentos de verán e un programa de conciliación ) que se vos ofrece para os meses de verán.

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/campamentos-veran-2020


https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453730972188

Respostas Reto 28

martes, 26 de maio de 2020

Sección 27 "Explotar Globos"

Bos días!!!!
Hoxe imos explotar globos!!!O xogo vai dicindo a cor dos globos que tes que explotar!!!
Faino rápido xa que vai por tempo!!! En cada partida vai dicir un total de 4 cores!!! 
Cuantos globos darás explotado en total???? Escribe o teu resultado en comentarios!!
Arriba á dereita sáeche o total de globos que  explotastes!!!
Podes repetir a partida para superarche a ti mesmo!!!
Sorte!!

luns, 25 de maio de 2020

Reto 28

Boas rapaces e rapazas!   Neste reto express vos propoñemos convertirvos en fotógrafos.
Cando estedes na rúa, teredes que enviarnos fotos dos elementos que aparecen na seguinte lista:
- Farola                   
- Can
- O mar
- Árbore

¡Seguro que conseguiredes fotos coma estas nos vosos paseos!
¡Un saudiño!



Clasificación Xeral

COMEZA A DERRADEIRA SEMANA DE XAQUE AO VIRUS CON CASE 40.000 ANTIVIRUS ACADADOS ENTRE TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES.


UNHA VEZ MÁIS AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN. 
E APROVEITADE AS SESIÓNS DESDE A CASA DE ESTA SEMANA, POIS TAMÉN SUMAN PUNTOS.
ESTQ SEMANA SON AS SEGUINTES SESIONS:

Respostas Reto 27

sábado, 23 de maio de 2020

Sección 26 "La Lego Película"

"La Lego Película"
Película baseada nos clásicos xoguetes "LEGO".  Emmet, o protagonista da película, traballa como construtor na cidade Lego, pero os seus coñecementos de construción non van máis aló de colocar as fichas atendendo pormenorizadamente as instrucións de edificación. Con todo, sen saber como nin por que,  Emmet é confundido cun “ MasterBuilder” e introducido como xefe dunha misión que ten por obxectivo evitar que un malvado acabe coa cidade de bloques. Por sorte, os habitantes de tan atípico lugar non están sós. Os  mismísimos Superman e  Batman tomaron a forma de bonecos Lego para tomar parte desta gran aventura.
Dalle ao "Play" para vela e agranda o video no cadrado que sae abaixo a dereita!!!!

venres, 22 de maio de 2020

Reto 27

Reto 27
Hola nenas e nenos hoxe teredes que identificar que sitios ou lugares son os que aparecen nas seguintes imaxes.
Deixa as Respostas nos comentarios!!!!
Moita sorte!!!

Respostas Reto 26

xoves, 21 de maio de 2020

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.

MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIONS.
ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

Sección 25 "Xogo Simón Dice"

Hoxe imos xogar ao Simón Dice!!! Repite a secuencia que che vai dicindo
Abaixo a dereita che vai dicindo a putuación/ nivel no que vas!!!
Ata que nivel das chegado!!!
Deixa o teu comentario para saber cantos niveis das gañado!!! 

mércores, 20 de maio de 2020

Reto 26

Neste reto vas ter que ordenar as  sílabas para formar correctamente as palabras que aparecen debaixo de cada debuxo!!!
Se podes imprime a folla e á parte de escribir debaixo a palabra correctamente, pinta ao teu gusto cada debuxo!!! E mándanos unha foto!!!!
Se non podes, escribe correctamente as palabras nos comentarios!!!
Un saúdo

Respostas Reto 25 (e Sección 24)

Deixamosvos algunhas foto das vosas Respostas!! 
Bo traballo!!!!

martes, 19 de maio de 2020

Sección 24 "Colorea ao Policía"

Moi bos días!!!! Hoxe deixamosvos para colorear un Policía!!!
Non che esquezas de enviarnos unha foto ou captura de imaxen do debuxo!!!!
Un saúdo

luns, 18 de maio de 2020

Reto 25

No ​reto express​ de hoxe, traballaremos ​o gusto e o tacto!!
Este é un reto para facer en familia.
Debedes de sentarvos e tapar os ollos
con un pano, por exemplo. Alguén da tua
familia darache a probar diferentes
alimentos que haxa pola vosa cociña….
deberás de adiviñar, cos ollos pechados,
de qué alimento se trata!
Seguidamente, deberás de facer o mesmo pero utilizando o tacto.
Serás quen de adiviñar, en total, 6 alimentos diferentes?
Envíanos fotos ou videos para seguir sumando puntiños!
Unha aperta

Clasificación Xeral: Case 35.000 Antivirus

LEVAMOS OITO SEMANAS DE XOGO E CASE 35.000 PUNTOS ACADADOS ENTRE OS 27 CENTROS PARTICIPANTES. SEREMOS CAPACES DE CHEGAR ESTA SEMANA AOS 40.000 PUNTOS?

NON É DOADO, PERO XUNTOS SEGURO QUE PODEMOS.
ÁNIMO!!!

Respostas Reto 24

Bos días!!! Deixamosvos algunhas das vosas Respostas!!! Moi bo traballo equipo!!!

domingo, 17 de maio de 2020

XOGO EN CASA: NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS.

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DAS SESIÓNS DA SEMANA PASADA.

VOS PROPOÑEMOS MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA.





RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

Sección 23 "Letras Galegas 2020"

Bo día, nenos e nenas!
Hoxe é día 17 de Maio, o día das
Letras Galegas. Sabedes qué
autor é homenaxeado este día?
Ricardo Carvalho Calero
(1910-1990), un autor ferrolán.
Foi un historiador da literatura,
crítico literario, filólogo, lingüista e
escritor galego. Foi autor dunha
extensa obra literaria e de creación, sobre lingua e sobre literatura. A poesía foi o xénero co
que se sentiu máis identificado.
Estes son algúns dos seus recoñecementos: En 1981 foi nomeado Membro de Honra da
Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao.

➔ O seguinte enlace, da aceso a un conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a
choiva”, ademáis de a catro pezas musicais inspiradas no relato, así como a unha
pequena unidade didáctica que ten como obxetivo dar a coñecer e maneira lúdica
a figura de Carvalho a os máis pequenos.
http://aspitas.gal

Animádevos a entrar na páxina :)
Unha aperta!

sábado, 16 de maio de 2020

Sección 22 "Los Croods"

"Los Croods"
A película está ambientada na prehistoria, onde  Crug lidera á súa familia máis aló da comodidade do seu fogar despois de que este sexa destruído por un gran terremoto. Mentres tentan viaxar polo descoñecido e aterrador mundo, atópanse cun nómade que #cativo ao seu clan, en especial á súa irmá maior, coa súa mente moderna.
Dalle ao "Play" para vela e agranda o video no cadrado que sae abaixo a dereita!!!!

venres, 15 de maio de 2020

Reto 24

¡Moi boas a todos!
Hoxe teredes que axudar a Alfredo a encontrar as 15 palabras indicadas na táboa.
Podedes imprimir a sopa de letras e colorear cada palabra que encontredes dunha cor diferente ¡Así quedará moito máis bonito!
Estamos seguros de que as atoparedes todas super rápido.
¡Sorte!


Respostas Reto 23 (e Sección 21)

Moi bo traballo!!! Esta vezd deixamosvos o paso a paso do Reto 23!! Xa que algún lle costou facelo, o intenté de novo e aos que os saíu moi bo traballo!!!
E encantanos saber que os gustou o xogo de multiplicar da "Sección 21"!!!
Seguide así!!!!
Unha aperta!!!!

xoves, 14 de maio de 2020

Sección 21 "Xogo de Multiplicar"

Bos días!!!! Hoxe imos xogar mentres repasamos un pouco as multiplicacións.
Darás chegado ao Nivel 20???
Cada partida ten 20 Niveis!!!
Contesta nos comentarios ata onde chegaches, e se che gustou!!!!
Podedes seguir xogando as veces que queirades!!!
Un saudo!!!

mércores, 13 de maio de 2020

Reto 23

Moi boas nenas e nenos hoxe tocará pensar un pouquiño para lograr superar este reto.
Teredes que realizar a seguinte imaxe, pero non poderedes levantar o boli do papel…
¿Seredes capaces?
Mándanos a túa foto para velo!!!

Respostas Reto 22 (máis Sección 20)

Bos días!!! os deixamos algunhas das vosas respostas ao Reto Express 22,
máis os debuxos que pintaschedes na Sección 20.
A Adiviña de Números era o 8!!!!
Un Saúdo

martes, 12 de maio de 2020

Sección "Colorea o debuxo"

Bos días hoxe ímosche a poñer unha sección moi fácil.
Só tes que pintar ao teu gusto o seguinte debuxo.
Para pintar o debuxo só tes que darlle encima da cor e despois darlle encima do que queiras poñerlle esa cor.
Se non che gusta como che esta quedando, abaixo das cores tes a opción de borrar para empezar de novo
Encantaríanos ver como queda o debuxo. Ao terminar sácalle unha foto e envíanola.


luns, 11 de maio de 2020

XOGO EN CASA: ESTA SEMANA IOGA, BAILE E CONTOS

ESTA SEMANA COMEZAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE CON ACTIVIDADES COMO IOGA, BAILE MODERNO, ESTIRAMENTOS, CONTACONTOS, PSICOMOTRICIDADE, ..., E MOITAS MÁIS.

ESTE É O CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARA FACER DESDE CASA.










RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO A fapaslabaca@gmail.com
ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE 
A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

Reto 22


Bos días!!!
Estade atentos que agora os Luns, Mércores e Vernes van a ser Retos Express!!!
Os Martes e Xoves subiremos Xogos para facer directamente na publicación!!!!
E os Sábados subiremos Película para ver dende o blog!!!!

 Imos empezar a semana co Reto Express xa que agora podedes saír á rúa vos sexa máis ameno.

O reto consiste en escribir a resposta da seguinte Adiviña de Números (podes deixar a túa reposta aquí na entrada do reto en comentarios):

Parece un reloxo de area ou elo dunha cadea.
Que é?

E para acabar o reto express!!!
Tes que sacarche unha foto na primeira Árbore que atopes cando baixes á rúa. E Se queres sumar máis puntos para o colexio grávache dando unha volta ao rededor da árbore.


Clasificación Xeral: Máis de 30.000 Antivirus

INICIAMOS A SEMANA COA BARREIRA DOS 30.000 PUNTOS SUPERADA NESTE XOGO NO QUE TODOS OS COLEXIOS APORTAN O SEU GRAO DE AREA.
SEREMOS CAPACES DE CHEGAR AOS 50.000 PUNTOS AO FINAL DO XOGO? NON É DOADO, PERO ENTRE TODOS COIDO QUE O CONSEGUIREMOS.
MOITO ÁNIMO.

Respostas Reto 21

sábado, 9 de maio de 2020

Sección 19 " WALL-E"


Bos días, rapaces e rapazas!

A película que vos traemos no día de hoxe, chámase
“WALL-E”, película de Disney do ano 2008.
Os seres humanos colapsaron o planeta enchéndoo de lixo e
escaparon nas suas naves espaciais. O único habitante que
queda é Wall-E, un pequeno e soñador robot de limpeza.
Esta película permítenos darnos conta dos peligros de deixar
que a tecnoloxía domine a nosa vida, así como a necesidade
de coidar o planeta. A solidaridade, a amizade, o amor e a valentía son algúns dos valores presentes neste filme.

venres, 8 de maio de 2020

Reto 21

PROBA MENTE EN FORMA
Boas nenas e nenos, o reto de hoxe consiste en realizar unha manualidade que vos servirá para realizar despois o seguinte reto.

Teredes que coller 6 botellas de plástico baleiras con un pouquiño de auga , e intentar que
semellen a uns bolos, poderedes pintalos e poñelos ao voso gusto e para a bola de bolos,
poderes coller un balón de cualquer tipo.

Aquí vos deixamos un video orientativo para realizar os bolos.
https://www.youtube.com/watch?v=rBfrqpN6BZ4



PROBA CORPO EN FORMA
Unha vez tiñades feito os vosos bolos, deberes colocalos a 2 metros de distancia e derribar coa bola a maioría dos bolos colocados.
¡Moita sorte!



-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Respostas Reto 20


xoves, 7 de maio de 2020

Sección 18 " Videochamada"

Moi bos días!!! Estamos programando unha Videochamada o sábado día 9 as 17:00, mediante a aplicación ZOOM!!
Se vai facer unha pequena clase de baile moderno 20 minutos mais ou menos, e así tamén nos poderes contar cómo levades este tiempo nas vosas casas!!!!
Se queres participar, tedes que facer dous cousas. A Primeira é descargar a Aplicación Zoom e a segunda tedes que mandar un correo a fapaslabaca@gmail.com para confirmar a asistencia e darvos a referencia e códigos para poder entrar na clase virtual.
Unha aperta!!!


mércores, 6 de maio de 2020

Reto 20

PROBA MENTE EN FORMA
Bo día, nenos e nenas! Un día máis, traémosvos un novo reto ao que lle chamaremos
O DEBUXO MÁXICO.

Trátase dun pequeno experimento, e para realizalo, necesitarás:
-Un rotulador negro, se pode ser, permanente
-Rotuladores de diferentes cores
-Papel de cociña
-Un recipiente
-Auga

E nada máis! Para entender á perfeccción como levar a cabo este experimento, aquí vos
deixamos un pequeno video :)

https://www.youtube.com/watch?v=nU_EphxbfEg

É MOI SINXELO! Animádevos a facelo e enviádenos vídeos ou fotos para conseguir puntos!

PROBA CORPO EN FORMA
Para o reto de hoxe, teredes que derribar botellas de plástico coa cabeza!
Utilizando unhas medias, unha pequena pelota ou bola de papel e unhas botellas,
poderedes crear un divertido xogo. Colocade as botellas de pe, metede a pelota dentro das
medias e colocádeas na cabeza, e listo!

Cántas botellas conseguides derribar en menos de un minuto?

Deixamosvos por aquí un video para que poidades observar o xogo:

https://www.youtube.com/watch?v=TpHwX5FNLsY

Moito ánimo, recordade enviarnos fotos ou videos. Mandámosvos unha aperta!



-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Respostas Reto 19

Aquí os deixamos algunhas das vosas Respostas!!! Moi bo traballo!!


martes, 5 de maio de 2020

Sección 17 " Día da Familia"

Neste día tan especial queremos propoñervos unha manualidade para adicar ás vosas familias e resaltar as cualidades de cada un de vos.
Consiste en facer unha guirnalda de corazóns e escribir, en cada un deles, adxectivos positivos e cousas bonitas de cada membro da vosa familia.
Para que quede máis bonito podedes colorealos e decoraos como queirades.
Materiais:
- Cordón ou fío                                 
- Folios
- Cores para pintar
- Punzón ou palillo
                                                   
Manualidades para el Día de la Madre corazones como hacer una guirnalda de corazones de papel cartulina - YouTube


Encantaríanos ver as vosas guirnaldas decorando a vosa casa, asique non vos esquezades de enviarnos unha foto das vosas creacións ;)

Esta manualidade vai sumar puntos co reto do Luns!!!!

Un saúdo e ¡Feliz Día!

luns, 4 de maio de 2020

Reto 19

PROBA MENTE EN FORMA:
¡Moi boas!
Hoxe queremos que intentedes esta manualidade:
 Tratase de facer un marcapáxinas, moi sinxelo e orixinal, co que poderedes xogar, ademáis de marcar os vosos libros preferidos.

https://www.youtube.com/watch?v=5PR-Bz1b0mE

PROBA CORPO EN FORMA:
Preparade ben os vosos músculos porque neste reto teredes que poñer a proba a vosa forza.
 Teredes que facer unha plancha no chan e aguantar nesa posición 10 segundos.
¡Ánimo!


-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Clasificación Xeral: Seguimos Sumando

Tras un pequeno descenso a semana pasada, parece que esta semana de paseos
vos animou a seguir participando e, entre todos, sumar más puntos.
Seguide así...pronto haberá más formas de gañar puntos para o teu colexio.

Estade moi atentos ao blog. :-)

Respostas Reto 18

 




sábado, 2 de maio de 2020

Sección 16 " Up"

Ola a todos e todas! Cómo estades?

Hoxe vimos a recomendarvos unha nova película, chamada
“UP”, Disney, ano 2009.
Carl Fredricksen é un vendedor de globos de 78 anos de idade,
disposto a cumprir un soño: atar miles de globos á súa casa e
voar a Sudamérica.
É unha película moi bonita donde se ven reflexados importantes
valores tales como o amor, a amizade, a fe, a perseveracia, a
tolerancia, a unión e o traballo en equipo.
Esperamos que vos guste :)

venres, 1 de maio de 2020

Reto 18

Reto Mente en Forma
Como é o día do traballador imos facer dous debuxos.
Feixe un debuxo do traballo que fai o teu pai e outro do que fai a túa nai.
No debuxo escribe a seguinte frase e complétaa co traballo do teu pai e nai.
O meu pai traballa de _________!
A miña nai traballa de _________!


Proba Corpo en Forma
Nesta proba imos a traballar a coordinación e axilidade. 
Só tes que darlle ao "play" e copiar a secuencia que os fixen.
Podes memorizala para gravala ou gravala mentres o fas comigo.
Serás capaz? E os teus pais ou irmáns ?

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Respostas Reto 17

Moi bo ritmo rapaces!!!! Bo traballo!!!

xoves, 30 de abril de 2020

Sección 15 "Con sentidiño"

Bos días rapaces e rapazas.... Xa levades una días saíndo a rúa...
Os deixamos uns consellos para cando baixedes a rúa e para cando volvades!!!
Sempre con Sentidiño!!!

mércores, 29 de abril de 2020

Reto 17

PROBA MENTE EN FORMA: "Código musical" 
Con esta actividade exercitaremos a atención, concentración e memoria. Ademais disfrutaremos da música e canalizaremos a nosa enerxía. Dalle o play e coa parte que más che guste grábao!! Só necesitas 4 follas de cores...e a Gozar!!!!


PROBA CORPO EN FORMA
Nesta proba ímos facer tres execicios, dous de movilidade e un isométrico.

De pé eleva unha perna e tócaa coa man contraria. "5 veces de cada lado."
De pé eleva a perna á beira. "5 veces de cada lado."
Ponche boca abaixo e cos brazos e os pés no aire aguanta 10 segundos. Ánimo!!!!












-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Respostas Reto 16


RESPOSTAS “BUSCA As 7 DIFERENZAS” RETO 16: Debuxo 1: HABITACIÓN 1. roupa do armario 2. raia amarela da pelota 3. na primeira imaxe hai unha mosca e na segunda non 4. falta un barrote da cabeceira da cama 5. unha tira da mochila 6. o calcetín encima da cama 7. unha nube no cadro Debuxo 2: BOSQUE 1. Fazula da lúa 2. a nube pequena ten dous cornos na primeira imaxe e no segunda un 3. falta a árbore máis pequena 4. o chapeu do bufo 5. cor do coello diferente 6. na primeira imaxe hai un pollito e na segunda non 7. as lentes do oso





martes, 28 de abril de 2020

Sección 14 "¿Hay algo más aburrido que ser princesa rosa?"

Ola a todos e todas!
Hoxe estamos aquí para recomendarvos un fermoso conto: “¿Hay algo más aburrido que
ser una princesa rosa?”, para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
É un conto que nos axuda a traballar valores tan importantes como a igualdade de xénero e
o dereito dos nenos e das nenas a elexir libremente a sua propia identidade.
Para que poidades escoitalo, deixámosvos dous enlaces que corresponden a unha pequena
obra de teatro e a unha contacontos.


Obra de teatro:
https://www.youtube.com/watch?v=aN8YGHTuv0E


Contacontos:
https://www.youtube.com/watch?v=uNT-uSnPChw


Esperamos que vos encante!

luns, 27 de abril de 2020

Reto 16

PROBA CORPO EN FORMA:
¡Aquí queremos que sudes!
Esta proba é moi sinxela: tedes que correr no sitio. Sen movervos de onde estedes, temos que mover as pernas como se estiverades correndo, o máis rápido que poidades, durante 30 segundos.
3…
2…
1…
¡Xa!

Aquí vos deixamos unha mostra de cómo se fai:


PROBA MENTE EN FORMA:
Nesta actividade teredes que encontrar as diferencias entre os debuxos que vos mostramos.
Non fai falla que as imprimades, escribide os erros que atopachedes nunha folla ¡e listo¡.
Tedes dúas opcións, unha máis difícil e outra máis sinxela. Mandarnos as vosas respostas da imaxe que escolladles, ou se queredes enviarnos das dúas ¡moitísimo mellor!
¡Sorte!
                                                                       Opción 1                                                                             
 
Opción 2

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Clasificación Xeral

Estreamos semana de paseos. Pero hai tempo para facer os retos e seguir sumando puntos para o vosotros colegio. Moito ánimo.

Respostas Reto 15

Bos días hoxe os ímos a deixar a resposta que máis nos gustou.
Temos un gran mago!!! Moi bo traballo.