mércores, 6 de maio de 2020

Reto 20

PROBA MENTE EN FORMA
Bo día, nenos e nenas! Un día máis, traémosvos un novo reto ao que lle chamaremos
O DEBUXO MÁXICO.

Trátase dun pequeno experimento, e para realizalo, necesitarás:
-Un rotulador negro, se pode ser, permanente
-Rotuladores de diferentes cores
-Papel de cociña
-Un recipiente
-Auga

E nada máis! Para entender á perfeccción como levar a cabo este experimento, aquí vos
deixamos un pequeno video :)

https://www.youtube.com/watch?v=nU_EphxbfEg

É MOI SINXELO! Animádevos a facelo e enviádenos vídeos ou fotos para conseguir puntos!

PROBA CORPO EN FORMA
Para o reto de hoxe, teredes que derribar botellas de plástico coa cabeza!
Utilizando unhas medias, unha pequena pelota ou bola de papel e unhas botellas,
poderedes crear un divertido xogo. Colocade as botellas de pe, metede a pelota dentro das
medias e colocádeas na cabeza, e listo!

Cántas botellas conseguides derribar en menos de un minuto?

Deixamosvos por aquí un video para que poidades observar o xogo:

https://www.youtube.com/watch?v=TpHwX5FNLsY

Moito ánimo, recordade enviarnos fotos ou videos. Mandámosvos unha aperta!



-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembra que a foto vale 1 punto e o vídeo 10 puntazos!!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a
do teu cole aínda que non sexa desta atividade. Neste caso terás puntuación
extra para o teu cole.

Se tes algunha dúbida do reto ou de mantarnos as respostas non dudes en
contactarnos a:
fapaslabaca@gmail.com

Lembra que se queres que publiquemos o teu reto no blogue, debes cubrir
a segunte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos
no mesmo mail de respostas: http://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


Ningún comentario:

Publicar un comentario