Bo día, nenos e nenas!
Hoxe é día 17 de Maio, o día das
Letras Galegas. Sabedes qué
autor é homenaxeado este día?
Ricardo Carvalho Calero
(1910-1990), un autor ferrolán.
Foi un historiador da literatura,
crítico literario, filólogo, lingüista e
escritor galego. Foi autor dunha
extensa obra literaria e de creación, sobre lingua e sobre literatura. A poesía foi o xénero co
que se sentiu máis identificado.
Estes son algúns dos seus recoñecementos: En 1981 foi nomeado Membro de Honra da
Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao.
➔ O seguinte enlace, da aceso a un conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a
choiva”, ademáis de a catro pezas musicais inspiradas no relato, así como a unha
pequena unidade didáctica que ten como obxetivo dar a coñecer e maneira lúdica
a figura de Carvalho a os máis pequenos.
http://aspitas.gal
Animádevos a entrar na páxina :)
Unha aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario