luns, 18 de maio de 2020

Reto 25

No ​reto express​ de hoxe, traballaremos ​o gusto e o tacto!!
Este é un reto para facer en familia.
Debedes de sentarvos e tapar os ollos
con un pano, por exemplo. Alguén da tua
familia darache a probar diferentes
alimentos que haxa pola vosa cociña….
deberás de adiviñar, cos ollos pechados,
de qué alimento se trata!
Seguidamente, deberás de facer o mesmo pero utilizando o tacto.
Serás quen de adiviñar, en total, 6 alimentos diferentes?
Envíanos fotos ou videos para seguir sumando puntiños!
Unha aperta

Ningún comentario:

Publicar un comentario