xoves, 28 de maio de 2020

Diplomas Xaque ao virus

ENTREGA DE DIPLOMAS E MEDALLAS

Bos días familias!

Como xa sabedes esta é a última semana do xogo "Xaque ao Virus". Cerramos unha etapa na que disfrutamos de moitos bos momentos a través dos retos, xogos, videochamadas... E cremos que a mellor maneira de cerrala é cun agasallo para aqueles nenos e nenas que participaron no blogue.

Aquelas persoas que realizaron algún reto, que acudiron as videochamadas ou as clases on-line terán un agasallo esperandoos que consistirá nunha medalla e nun diploma personalizado.

Para recollelos habilitáronse os seguintes días e horas.

LUGAR: Fórum Metropolitano

DÍAS: 1, 2 e 3 de Xuño

HORAS: de 16:00 a 18:00

Como o Fórum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberán identificarse.

IMPORTANTE: é obligatorio o uso da mascarilla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario