mércores, 27 de maio de 2020

Reto 29

BO DÍA, RAPACES E RAPAZAS!
No día de hoxe, traemos un novo reto express, que consiste en IMAXINAR.
Ímosvos a escribir unha lista de cousas que teredes que imitar, poñede todo o voso
empeño e imaxinación en facelo!
★ Son un aguia voando moi rápido polo bosque
★ Son un verme buscando comida no campo
★ Son un canguro e dou 10 saltos sen parar
★ Son un guepardo, son moi veloz e corro
moitísimo!
★ Son un balón botando
★ Son unha xogadora de tenis xogando un partido
★ Son un elefante que camiña moi lentamente
★ Estou na praia de Riazor e a area queimame os
pés!
★ Son unha peonza, e dou moitas voltas!
Animádevos, estamos seguras que vos sairá xenial. Esperamos con ansias as vosas
respostas!!!!
Unha forte aperta :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario