xoves, 28 de maio de 2020

Diplomas Xaque ao virus

ENTREGA DE DIPLOMAS E MEDALLAS

Bos días familias!

Como xa sabedes esta é a última semana do xogo "Xaque ao Virus". Cerramos unha etapa na que disfrutamos de moitos bos momentos a través dos retos, xogos, videochamadas... E cremos que a mellor maneira de cerrala é cun agasallo para aqueles nenos e nenas que participaron no blogue.

Aquelas persoas que realizaron algún reto, que acudiron as videochamadas ou as clases on-line terán un agasallo esperandoos que consistirá nunha medalla e nun diploma personalizado.

Para recollelos habilitáronse os seguintes días e horas.

LUGAR: Fórum Metropolitano

DÍAS: 1, 2 e 3 de Xuño

HORAS: de 16:00 a 18:00

Como o Fórum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberán identificarse.

IMPORTANTE: é obligatorio o uso da mascarilla.

Sección 28 "Xogo Figuras Xeométricas"

Bos días!!!!
Hoxe imos explotar globos con formas xeométricas!!!O xogo vai dicindo a forma xeométrica que tes que explotar!!!
Faino rápido xa que vai por tempo!!! En cada partida vai dicir un total de 4 formas xeométricas!!! 
Cuantas formas xeométricas darás explotado en total????
Escribe o teu resultado en comentarios!!
Arriba á dereita sáeche o total de formas xeométricas que  explotastes!!!
Podes repetir a partida para superarche a ti mesmo!!!
Sorte!!

mércores, 27 de maio de 2020

Reto 29

BO DÍA, RAPACES E RAPAZAS!
No día de hoxe, traemos un novo reto express, que consiste en IMAXINAR.
Ímosvos a escribir unha lista de cousas que teredes que imitar, poñede todo o voso
empeño e imaxinación en facelo!
★ Son un aguia voando moi rápido polo bosque
★ Son un verme buscando comida no campo
★ Son un canguro e dou 10 saltos sen parar
★ Son un guepardo, son moi veloz e corro
moitísimo!
★ Son un balón botando
★ Son unha xogadora de tenis xogando un partido
★ Son un elefante que camiña moi lentamente
★ Estou na praia de Riazor e a area queimame os
pés!
★ Son unha peonza, e dou moitas voltas!
Animádevos, estamos seguras que vos sairá xenial. Esperamos con ansias as vosas
respostas!!!!
Unha forte aperta :)

Campamentos de verán!!!

Ola amigos/ as!


Imaxe da campaña
Pechamos unha etapa diferente pero especial, levamos xa todo un curso escolar convosco, tanto no colexio como na casa, pasamos grandes momentos xuntos, os cales queremos seguir compartindo con todos vós. Por iso deixámosvos dúas ligazóns de dous programas
( campamentos de verán e un programa de conciliación ) que se vos ofrece para os meses de verán.

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/campamentos-veran-2020


https://www.coruna.gal/educacion/gl/actualidade/novas/detalle-noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453730972188

Respostas Reto 28

martes, 26 de maio de 2020

Sección 27 "Explotar Globos"

Bos días!!!!
Hoxe imos explotar globos!!!O xogo vai dicindo a cor dos globos que tes que explotar!!!
Faino rápido xa que vai por tempo!!! En cada partida vai dicir un total de 4 cores!!! 
Cuantos globos darás explotado en total???? Escribe o teu resultado en comentarios!!
Arriba á dereita sáeche o total de globos que  explotastes!!!
Podes repetir a partida para superarche a ti mesmo!!!
Sorte!!