RETO 1
PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.
Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….🛡️💪🏋️
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"
🏋️Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
📸📹Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio
e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".".📹📸