RETO 3
🤯🤯PROBA MENTE EN FORMA:
Hola a todos e todas!! Qué tal estades?
Hoxe, na proba de “mente en forma” queremos retarvos a todos os nenos e nenas a un trabalinguas!
Sabedes dicir algún de memoria e sen trabarvos?
A continuación deixamosvos o enlace a un video do cal podedes sacar algún, e, senón, collede calquera outro que xa sepades ou que os vosos familiares vos ensinen.
Ademáis, podedes retar as vosas familias para que o aprendan con vós, será moi divertido!
Encantaríanos que nos enviarades videos para escoitarvos, confiamos en que, con un pouco de práctica, o faredes xenial :)
https://www.youtube.com/watch?v=FZgEH3pDKn8
💃🕺PROBA CORPO EN FORMA:
A quen lle gusta bailar??
No seguinte reto gustaríanos que montasedes unha coreografía ou un pequeno baile coa canción Happy, de Pharrell Williams.
Non é necesario que sexa a canción completa, pero retámosvos a que inventedes un baile para o estribillo da canción, qué vos parece?
Encantaríanos que nos enviarades un video para mostrarnos o voso gran traballo
Moito ánimo, nenos e nenas!!!
https://www.youtube.com/watch?v=ZbZSe6N_BXs
Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus"