martes, 31 de marzo de 2020

Sección: "A lectura da semana"

Bos días!!!
Para os mais peques da casa recomendamosvos un conto clásico: 
O PATIÑO FEO
Cuento clásico infantil El patito feo

Adaptación do conto de Hans C. Andersen 

                                                                                                                                                        

Era unha preciosa mañá de verán no estanque. Todos os animais que alí vivían sentían felices baixo o cálido sol, en especial unha pata que dun momento a outro, esperaba que os seus  patiños viñesen ao mundo.

– Fai un día marabilloso! – pensaba a pata mentres repousaba sobre os ovos para darlles calor – Sería ideal que hoxe nacesen os meus filliños. Estou a desexar velos porque seguro que serán os máis bonitos do mundo.

E parece que se cumpriron os seus desexos, porque a media tarde, cando todo o campo estaba en silencio,  oíronse uns renxidos que espertaron á futura nai.
Si, chegara a hora! Os ovos comezaron a romper e moi amodo, foron asomando unha a unha as  cabeciñas dos polliños.

– Pero que preciosos sodes, fillos meus! – exclamou a orgullosa nai – Así de lindos imaxináravos.


Só faltaba un  polliño por saír. Vese que non era tan hábil e custáballe romper o ovo co seu pequeno pico. Ao final tamén el conseguiu estirar o pescozo e asomar a súa enorme cabeza fose do ovo.


–  Mami,  mami! – dixo o estraño polliño con voz forte.


A pata,  cando lle  viu, quedouse espantada! Non era un  patiño  amarelo  e  regordete como  os  demais, senón un pato grande, gordo e negro que no parecíase nada aos seus irmáns.


–  Mami?…  Ti no  podes ser  o meu  fillo! De onde sairía unha cousa tan fea? – lle  increpou 
– Vaiche de aquí, impostor!

E o pobre patiño, con a cabeza gacha, se afastou do estanque mentres de fondo oía as risas dos  seus  irmáns, burlándose del. 

Durante días, o  patiño feo deambulou dun lado para outro  sen saber a onde ir. 
Todos os  animais cos  que se ía  atopando le rexeitaban e ninguén quería ser o seu amigo.
Un día  chegou a unha  granxa  e atopouse   cunha  muller que estaba  a varrer o cortello. 
O patiño pensou que alí podería atopar acubillo,  aínda que fóra durante unha tempada.

– Señora –  dixo con voz  trémula- Sería posible quedarme aquí uns días? 
Necesito comida e un teito baixo o que vivir.

A muller lle mirou de esguello e aceptou, así que durante un tempo,  ao pequeno pato no lle  faltou de nada. A dicir verdade,  sempre  tiña moita comida á súa disposición. Todo parecía ir como unha seda hasta que un día,  escoitou a muller dicirlle ao  seu marido:

– Viches  como engordou ese pato?  Xa está bastante grande é  lustroso. 
Creo que chegou a hora de que nos o comamos!

O  patiño levou  tal susto que  saíu  correndo,  atravesou o cercado de madeira e afastouse  da granxa. Durante quince días e quince noites  vagou polo campo e comeu o pouco que  puido atopar.  Xa no sabía  que  facer  nin  onde  dirixirse.  Ninguén lle quería  e sentíase  moi  desdichado.

Pero un día  a súa  sorte  cambiou!  Chegou por casualidade a unha lagoa de augas cristalinas  e  alí, deslizándose sobre a superficie,  viu unha familia de fermosos cisnes.  Uns eran  brancos,  outros negros, pero todos  esveltos  e  maxestosos. Nunca vira  animais tan  belos. Un  pouco avergonzado,  alzou a voz e lles  dixo:

–  Ola!  Podo darme un  mergullo na  vosa  lagoa?  Levo días  camiñando  e necesito refrescarme un  pouco.
 -Claro que  si! Aquí  es  benvido... Es un dos nosos! –dixo un que parecía ser o máis ancián.
– Un dos vosos? Non entendo…
–  Si, un dos nosos. Seica non coñeces o teu propio aspecto? Agáchache e mírache nel  auga.  Hoxe está tan limpa que parece un espello.

E así  fixo o patiño. Inclinouse sobre a beira  e… Non se o podía  crer!  O que  viu lle  deixou  pampo.  Xa no era un pato gordo e chato,  senón que nos últimos días transformouse nun  fermoso cisne negro de ancho pescozo  e  bela plumaxe.

 O seu corazón saltaba de alegría! Nunca vivira un momento tan  máxico.  Comprendeu que nunca fora un patiño feo, senón que había nado cisne e agora lucía en todo o seu esplendor.

– Úneche a nós  – lle convidaron  os seus  novos amigos 
– A partir de agora,  coidarémosche e serás un máis do noso clan.

E feliz,  moi feliz, o pato que era cisne, meteuse na  lagoa e compartiu o paseo con aqueles  que lle querían de verdade.. 
Fin

luns, 30 de marzo de 2020

Reto 4

Moi boas a tod@s!! E feliz Luns😀😀

Reto 4

PROBA MENTE EN FORMA:
No día de hoxe queremos retarvos a facer un exercicio de concentración.
O que tedes que facer é intentar aguantar o equilibrio á pata quebrada
co pulgar tocando o nariz durante… ¡10 segundos!
¿Complicado? ¡Imos!
3..
2…
1…
¡Equilibrio!


PROBA CORPO EN FORMA:
¿Coñecedes o Fortnite?  
Pois... para esta proba de hoxe queremos que nos demostredes
que sabedes bailar ó ritmo deste videoxogo tan popular. 
Simplemente tedes que escoller un baile de un dos persoaxes do xogo
e mandarnos o voso vídeo bailando o ritmo de Fortnite. 
¿Atrevédevos?   
Veña, ¡movede o corpo!, e recordade que un día máis é un día menos. ¡Ánimo!
Os deixamos uns exemplos⬇️⬇️⬇️

LEMBRA QUE A FOTO VALE 1 PUNTO E O VÍDEO 10 PUNTAZOS!!!

Podes animar a participar a algunha persoa da casa ou compañeiro/a do teu cole aínda que non
sexa desta actividade. Neste caso terás puntuación extra para o teu cole.

1 punto se envías foto e 10 puntos se envías vídeo.
LEMBRA QUE SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TU RETO NO BLOGUE. DEBES CUBRIR A SEGUINTE AUTORIZACIÓN DE IMAXE NA SEGUINTE LIGAZÓN OU AUTORIZARNOS NO MESMO MAIL DE RESPOSTAS: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9



Clasificación Primeira Semana

CLASIFICACIÓN XERAL: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana
con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron
a participación das familias na sua consecución.

Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos.
Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día.
Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante,.

Respostas Reto 3


venres, 27 de marzo de 2020

Reto 3

RETO 3


🤯🤯PROBA MENTE EN FORMA:

Hola a todos e todas!! Qué tal estades?

Hoxe, na proba de “mente en forma” queremos retarvos a todos os nenos e nenas a un trabalinguas!
Sabedes dicir algún de memoria e sen trabarvos?

A continuación deixamosvos o enlace a un video do cal podedes sacar algún, e, senón, collede calquera outro que xa sepades ou que os vosos familiares vos ensinen.

Ademáis, podedes retar as vosas familias para que o aprendan con vós, será moi divertido!

Encantaríanos que nos enviarades videos para escoitarvos, confiamos en que, con un pouco de práctica, o faredes xenial :)

https://www.youtube.com/watch?v=FZgEH3pDKn8


💃🕺PROBA CORPO EN FORMA:

A quen lle gusta bailar??

No seguinte reto gustaríanos que montasedes unha coreografía ou un pequeno baile coa canción Happy, de Pharrell Williams.

Non é necesario que sexa a canción completa, pero retámosvos a que inventedes un baile para o estribillo da canción, qué vos parece?

Encantaríanos que nos enviarades un video para mostrarnos o voso gran traballo

Moito ánimo, nenos e nenas!!!

https://www.youtube.com/watch?v=ZbZSe6N_BXs


Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus"

Respostas Reto 2



mércores, 25 de marzo de 2020

Respostas Reto1


  


Reto 2

Reto2

Parabéns!!!!

Se estás a ver isto, é porque significa que entre todos superastes o primeiro reto,
 o que significa que xa temos algún antivirus. 
...seguimos e ... a por o RETO 2!!




PROBA MENTE EN FORMA: "Mans á obra"


Nesta proba propoñémosche facer un origami dun peixe ou un coello,
escolle o que máis che guste e pintalo e decoralo ao teu gusto.
Fai que o teu origami sexa o máis orixinal. 
Deixámosche uns vídeos de como facer o origami que escolliches..
💪Ti podes💪 🐟🐰Mans á obra🐰🐟

                   




PROBA CUERPO EN FORMA: "Desafío da Cadeira"

Propoñémosche un xogo moi divertido.
Só necesitarás unha cadeira e o teu propio corpo.🏋️💪💺
O xogo consiste en apoiar a túa cabeza na parede,
baixar as costas ata que quede recta formando un
ángulo de 90 graos, coller a cadeira coas dúas mans e
entón tratar de levantar as costas para recuperar a 
posición ergueita.  
ATRÉVESTE??🏋️ Podes facelo??💺 Veámolo💪 
#chairchallenge





luns, 23 de marzo de 2020

Reto1

RETO 1

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"


Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a      gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo  visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.

O reto consiste en facer visible o lema # QuédateEnCasa,  en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra

Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….🛡️💪🏋️

PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores" 
🏋️Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces

Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.

Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.

Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

📸📹Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio 
e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".".📹📸

domingo, 22 de marzo de 2020

Introdución

 Xogo Virtual
🗡️🛡️XAQUE AO VIRUS🛡️🗡️

Este xogo  online preséntase como unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus  Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencia en domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis. 

Trátase dun sistema telemático no que se expón a participación  online dos nenos e nenas inscritos no Programa de Ocio (Deporte no Centro, Ocio Educativo,  Luditarde e  Listen  and  Speak) nun xogo virtual que leva por título:  Xaque ao Virus.

O obxectivo é facilitar ferramentas de lecer alternativas, colaborando na tarefa de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, achegando o noso granito de area. 

O Xogo consiste é un taboleiro virtual no que contén 19 retos a superar relacionado con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento ata os valores como a solidariedade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.

Os retos publicaranse neste blogue para os alumnos do CEIP  Labaca.

Se ese reto supérase entre todos os nenos e nenas deste cole, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando.

Tes na pestana "Superar Reto"  a maneira dar por superado cada reto.
E poderás consultar na pestana "Clasificación" a clasificación de todos os colexios.



ATRÉVESTE! 


🗡️🛡️UNIDOS VENCEREMOS 🛡️🗡️